EL AUTOR

 

     

UN PEQUEÑO CURRICULUM:

 

   

 

Nombre Completo: Alvaro Rodriguez Tajes

Fecha Nacimiento: 02-11-82

Lugar de Nacimiento: Bornalle (A Coruña)

Residencia: Vilagarcia de Arousa (Pontevedra)

Otros datos de interes: Nenjún.

 

 

Alvaro Rodriguez
Alvaro Rodríguez (2004)
 
 
 

BIOGRAFIA (NO IDIOMA PATRIO):

 

Así pois esta desfeita de virtudes naceu cando lle ven cadrando cerquiña de casa de Cristo.

Xa de Moi novo tivo a desjrasia de aprender que, nunha confrontación directa cachola contra pedra, a pedra soia levar sempre as de gañar. Feito que que non o desanimou en absoluto a seguir botándose as revanchas contra as paredes.

O caso e que, certo día, doulle por coller un boli e descubreu que o noso señor non lle dera tampouco unha letra digna de persona humana.

Sen embargo, el seguiu teimando pese a firme recomendacion de todos a cantos houbo de torturar nos sucesivos anos, que non foron poucos, e pese tamen, todo hai que dicilo, a que as criticas coincidian unanimemente en que mellor sería de afogalo.

Ós 12 anos (6º de EXB) comenzaría a escribir a súa primeira novela, unha historieta sobre piratas, que nos anos seguntes iría alternando cunha serie de relatos curtos.

Ós 15 anos decideu mandar o ainda inconcluso libro, so un chisco, a rañalo carallo.
No instituto foi, dios sabe por que, finalista autonomico dun concurso de comics, xunto con outro deleznable individuo chamado Diego Bello, como premio levaron sendas mochilas monísimas.

Tamén no instituto, o seu profesor de galego empezaba a temer o momento no que esta desgracia con patas se poñía a leer as suas redacións, quizá por isto, por aquel enton comezou a escribir a que sería a sua primeira novela en castelán.

 
Tres parbos pa un cuarteto
2005 e pico, De acá para acolá, Alvaro Rodríguez e Diego Bello
 

No ano 2005, ve a luz "El Cazador y La Sombra", non había que facer, o mal xa estaba feito. Sen embargo non faltaron malpocados que tratasen de enrolalo nun barco estranxeiro dereitiño onde xa non fai falla a pomada. Desgraciadamente quedou a dormir e esquecerono en terra.

2006, Comeza a escribirse, "Un Millón de Noites, Morrer" (Santa Xosefa nos acolla).